O pasado 17 de maio celebramos unha actividade moi especial: Tempo de Lúa e Brúxula, unha carreira de orientación nocturna na que combinamos familia, deporte, xogo en equipo e espírito de aventura. dun xeito diferente, divertido e en conexión coa natureza.
Por equipos e con frontal na cabeza, os grupos tiveron que atopar balizas repartidas polo entorno de Vilaño. Todo nun ambiente distendido, entre risas, estratexia, algo de escuridade e moita complicidade.
Foi unha experiencia para todas as idades e niveis, onde o que importaba non era quen chegaba primeiro, senón como nos movíamos xuntas, como nos guiábamos e como compartiamos o camiño.
Unha proposta que nos levou fóra do habitual, para movernos, rir e descubrir o que pasa cando deixamos que a lúa e a curiosidade nos guíen.
E sobre todo… unha noite chea de risas, sorpresas e moita, moita diversión!










