Festa do Bo Tempo

O pasado 28 de xuño celebramos a nosa xa tradicional Festa do Bo Tempo, un encontro para compartir, celebrar e agradecer todo o vivido durante a tempada.

Xuntámonos para comer, charlar, rir e bailar, nun ambiente relaxado e festivo onde participaron persoas de todas as idades. Houbo música, moita alegría e momentos únicos: os máis pequenos xogaron coa auga para combater a calor, e maiores e pequenos desfrutamos da tarde entre conversas, risas, boas compañia e moito baile.

Antes da noite, un dúo musical en directo animou o ambiente con cancións míticas que nos fixeron cantar, rir e levantar os pés do chan. E despois… a pista de baile non parou: montamos a nosa propia discoteca particular e estivemos bailando ata ben entrada a noite, celebrando como sabemos facer en TEMPO: con enerxía, conexión e moita diversión.

Foi unha festa para lembrar… e repetir!

Outros eventos

Grazas por cubrir o formulario. Para completar a túa inscrición, lembra que é imprescindible realizar o pago e enviarnos o xustificante a info@tempoalaracha.com indicando o nome do teu equipo. Realiza o pago nesta ligazón: https://tempolaracha.aimharder.com/boxmemberships?buy=50745
IMPORTANTE: A túa praza non estará confirmada ata que recibamos o xustificante de pago.