Movemento, cardio e queima calorías

Clases de tonificación global que combinan forza, resistencia e traballo localizado (core, glúteos, brazos, pernas).

Hiit

Adestramento de alta intensidade, aquí súbense un pouquiño as pulsacións. Traballamos para mellorar a túa capacidade cardiovascular e queima calorías en tempo récord.

Tempo Running

Clases de carreira para todos os niveis, onde non só se corre, senón que se aprende a correr mellor. Traballamos técnica de carreira, control do ritmo e diferentes formatos: series curtas, carreira continua, relevos, desniveis, e carreira en condicións variadas (velocidade, fatiga, diferentes superficies…). Tanto se estás comezando como se queres mellorar marcas, aquí terás apoio, seguimento e motivación!

Cardio Dance

Baile, ritmo e diversión a tope! Queima calorías sen decatarte ao ritmo da música, con coreografías sinxelas e accesibles. Ideal para liberar estrés e pasalo en grande mentres te moves

Tempo de adestrar Kids

Clases para nenos e nenas cheas de movemento, xogos e aprendizaxes. Melloran a coordinación, a forza, descargan adrenalina e adquiren hábitos saudables nun entorno seguro e divertido.

¿Queres facer unha clase de proba?

Grazas por cubrir o formulario. Para completar a túa inscrición, lembra que é imprescindible realizar o pago e enviarnos o xustificante a info@tempoalaracha.com indicando o nome do teu equipo. Realiza o pago nesta ligazón: https://tempolaracha.aimharder.com/boxmemberships?buy=50745
IMPORTANTE: A túa praza non estará confirmada ata que recibamos o xustificante de pago.