Competición Híbrida en Vilagarcía

O 1 de Xuño, varios equipos de TEMPO participaron na competición Híbrida de Vilagarcía, un evento que combinaba forza e resistencia. Foi unha ocasión para poñernos á proba, saír da zona de confort e compartir esforzo, apoio e moita enerxía.

Un orgullo ver como xs nosxs temporeirxs competiron con entrega, espírito deportivo e identidade TEMPO!

En TEMPO temos cada vez máis presenza nas carreiras híbridas, un formato que nos encanta e que encaixa á perfección coa nosa esencia. Contamos cun gran grupo de persoas implicadas, que adestra con constancia e ilusión, e que se anima a participar en competicións por diferentes lugares, incluso fora da comunidade e do país. Para nós, cada evento é unha oportunidade para superarnos a todos os niveis, pero tamén para gozar xuntas, compartir esforzo e celebrar cada paso.

Porque máis alá das marcas, os podios ou os cronómetros, o que máis nos motiva é o ambiente, o compañeirismo e a sensación de facer algo grande xuntos.

Outros eventos

Grazas por cubrir o formulario. Para completar a túa inscrición, lembra que é imprescindible realizar o pago e enviarnos o xustificante a info@tempoalaracha.com indicando o nome do teu equipo. Realiza o pago nesta ligazón: https://tempolaracha.aimharder.com/boxmemberships?buy=50745
IMPORTANTE: A túa praza non estará confirmada ata que recibamos o xustificante de pago.