Social
En TEMPO cremos no movemento como ferramenta para crear comunidade, compartir valores e mellorar a calidade de vida de forma colectiva. Por iso, ademais das actividades regulares, desenvolvemos propostas que conectan corpo, mente e contorna… e que se viven tamén en familia.
A nosa dimensión social e comunitaria inclúe:
Eventos especiais
actividades dinámicas e diferentes, sesións abertas, retos en grupo, masterclasses e días especiais pensados para desfrutar, aprender e compartir, tanto individualmente como en familia.
Colaboración con entidades locais
traballamos man a man con asociacións, clubs deportivos, escolas e profesionais da saúde para ofrecer actividades accesibles, diversas e adaptadas ás necesidades reais da nosa contorna.
Formación e divulgación
organizamos talleres, obradoiros e charlas sobre benestar, saúde e educación corporal para todas as idades.
Ambiente familiar e próximo
en TEMPO todas as persoas son benvidas. Creamos espazos onde sentirse a gusto, motivarse, medrar e compartir experiencias auténticas, sen importar o nivel nin o obxectivo.
Talleres e accións formativas
Que van máis alá do adestramento: educación corporal, prevención de lesións, saúde mental, hábitos sostibles ou coidado mutuo.
Comprometidos con causas sociais
Traballamos cada día non só para mellorar o benestar físico das persoas, senón tamén para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Apostamos por colaborar con causas sociais, apoiar iniciativas locais e promover valores como a igualdade, a inclusión e o respecto.