VIII Carreira do Apóstolo e Andaina Saudable e Solidaria 12 de xullo.
O pasado 12 de xullo participamos na VIII Carreira do Apóstolo e Andaina Saudable e Solidaria, organizada polos nosos amigos do ADRO de Vilaño, que unha vez máis fixeron un traballo espectacular! Que sorte ter xente así creando comunidade, inclusión e saúde.
Máis de 900 persoas enchendo o pobo de vida, saúde e sorrisos. Era unha auténtica marabilla ver as rúas ateigadas de xente activa e feliz… poñía a pel de galiña! Nós sumámonos coa familia de Empuxando Sonrisas para acompañar a Pedro.
Pasámolo en grande: fixemos deporte, acompañámonos, e ata caeu algún que outro premio! Porque en TEMPO non só hai nivel deportivo… a nivel humano e de compañeirismo, non nos gaña ninguén!
















