Corpo, mente e saúde postural

Clases de tonificación global que combinan forza, resistencia e traballo localizado (core, glúteos, brazos, pernas).

Tempo de Pilates

Moito máis ca estiramentos ou exercicio suave. Traballamos de forma consciente, profunda e precisa para mellorar a postura, fortalecer o core, gañar mobilidade e crear un corpo máis equilibrado e resistente.

É un adestramento integral que combina forza, control, coordinación e respiración. Ideal para manterte en forma ou mellorar o rendemento noutras disciplinas, previr lesións e aprender a moverse ben.

Tempo de Pilates Reformer

Adestramento en máquinas Reformer que engade precisión, resistencia e fluidez ao traballo de pilates. Ideal para fortalecer o corpo con baixo impacto, mellorar a postura e tonificar en profundidade.

Tempo de Ioga

Traballamos a forza, a mobilidade, o equilibrio e a estabilidade corporal a través de secuencias activas e retadoras. Cada clase é un desafío físico que mellora a túa flexibilidade, postura e coordinación. Fotalécese o corpo, aprendes a respirar mellor, a escoitarte e a baixar o ritmo mental. Porque o ioga tamén é rendemento… dende dentro.

¿Queres facer unha clase de proba?

Grazas por cubrir o formulario. Para completar a túa inscrición, lembra que é imprescindible realizar o pago e enviarnos o xustificante a info@tempoalaracha.com indicando o nome do teu equipo. Realiza o pago nesta ligazón: https://tempolaracha.aimharder.com/boxmemberships?buy=50745
IMPORTANTE: A túa praza non estará confirmada ata que recibamos o xustificante de pago.